Os avións de papel son un dos xoguetes mais baratos que existen, únicamente precisas un folio, algo de paciencia, atención, habilidade e logo moitas gañas de divertirte... seguro que nesta páxina que vos propoño aquí atoparedes ideas que vos interesarán para dar renda solta ás vosas gañas de crear os vosos propios aparellos aeronáuticos... Entrade a través da imaxe do avión e disfrutade, seguro que vos sorprende o ben que voan estes simples xoguetes.
jueves, 27 de febrero de 2014
lunes, 24 de febrero de 2014
ZONA DE APARCAMENTO.
Aquí propoñoche un xogo no que deberán organizar todos os coches para que ao fin queden aparcados na súa zona correspondente coa cor do coche. Pensao ben e organiza todos os movementos para acabar no menor número de movementos posibles. Entra no xogo pinchando na imaxe do xogo.
miércoles, 19 de febrero de 2014
TREVOS DE CATRO FOLLAS
Seguro que todos saberedes que se atopades un trevo de catro follas eso supón que a túa sorte vai mudar. Que dende o momento que poseades un deses trevos ides ter boa sorte, e como non na rede atopase de todo ata trevos de catro follas. Por iso enlazo este xogo para que tentedes á sorte e atopedes todos os trevos que poidades. Entrade picando na imaxe seguinte e MOITA SORTE!
lunes, 10 de febrero de 2014
TANGRAM
Como xa sabedes o Tangram é un puzzle composto por 7 pezas de formas xeométricas coas que poderedes compoñer multitude de formas. Neste caso tedes o mesmo xogo en versión dixital, de xeito que poderedes facer o mesmo en pantalla. Espero que vos guste.
CUBOX
Neste xogo o que tes que conseguir é mover coa axuda das frechas as distintas pezas para colocalas do mesmo xeito que che indica o recadro do xogo situados na parte superior dereita. Non parece moi difícil pero a cousa vaise complicando segundo escollas niveis nos recadros A,B,C,D,E ou F. Intentao!
MAHJONG
Este xogo oriental é un solitario no que deberemos eliminar de dúas en dúas as distintas pezas das que dispomos. Eso sí deberemos eliminar dúas pezas que se atopen en posición libre, é dicir, que non estean rodeadas de outras e estén na superficie da construcción. Atrevedevos a probar, é entretido e é algo mais dificil do que parece.
Para poder acceder ao xogo pincha na imaxe do xogo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)