O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

domingo, 25 de marzo de 2012

CÁLCULO MENTAL

NESTE ENLACE TERÁS QUE AXUDAR A SABUESO PARA QUE GAÑE A CARREIRA ACERTANDO A CONTRA RELOXO O CÁLCULO QUE CHE PROPOÑEN.
RECORDA COMO ESTRATEXIA A DESCOMPOSICIÓN DA DECENA: AUTOMATICAMENTE DEBES VER UN NÚMERO COMO DESCOMPOSICIÓN DA DECENA, É DICIR ,SE TEN 7 DEBES AUTOMÁTICAMENTE VER O 3 COMO COMPLEMENTO ATE AO 10. ISTO AXUDARÁ A QUE TRABALLES EN DECENAS ADIANTANDO TEMPO NO CÁLCULO E VENCENDO NESTA CARREIRIÑA DE CAN.... JEJEJE.

A RODA DO SABER.

NESTA HISTORIA UN VALENTE SAMURAI ENAMORASE DUNHA PRINCESA CHINA, PERO COMO SEMPRE NESTAS HISTORIAS O PAI NON ESTÁ DISPOSTO A DAR A MAN DA SÚA FILLA SEN ANTES PASAR UNHA SERIE DE PROBAS.... ESTAS CONSISTEN EN RESOLVER AS CUESTIÓNS DA RODA DO SABER E CONSEGUIR O GONG DE OURO QUE CUSTODIAN CATRO TEMIBLES DRAGÓNS AOS QUE DEBERÁS CONTESTAR ACERTADAMENTE ÁS SÚAS CUESTIÓNS PARA VENCELOS.
SE CONSIGUES QUE O SAMURAI PASE TODO O XOGO SERÁ LIBRE DE CASAR COA PRINCESA CHINA.
PICA NO DEBUXO DO SAMURAI PARA ENLAZAR CON ESTA ACTIVIDADE E QUE TEÑAS MOITA SORTE NESTE NOVO RETO.

A Oca

E QUE TAL SE PRACTICAMOS ALGO A MULTIPLICACIÓN?
SEGURO QUE SABEDES MULTIPLICAR E QUE O FACEDES CORRECTAMENTE, PERO ADEMAIS, PARA SER MAIS EFECTIVOS NAS NOSAS OPERACIÓNS É PRECISO QUE PRACTIQUEMOS AS TÁBOAS PARA MELLORAR A NOSA VELOCIDADE DE CÁLCULO... POIS CON ESTE XOGO QUE É A OCA DEBEREDES SUPERAR UNHA CHEA DE PROBAS NAS QUE DEBERÁS QUE DEMOSTRAR A TÚA HABILIDADE COA MULTIPLICACIÓN.
SEGURO QUE NOS VIRÁ DE PERLAS PARA REPASAR E AO MESMO TEMPO DIVERTIRNOS UN POUCO.
PRESTA MOITA ATENCIÓN ÁS INSTRCCIÓNS DE CADA UNHA DAS PROBAS PARA RESOLVELAS NO TEMPO QUE CHE INDICAN.
ANIMO E ADIANTE COA MULTIPLICACIÓN!

ORTOGRAFÍA


 SEGURO QUE TE SORPRENDEU ESTE CARTEL! É LÓXICO POIS MOSTRA UNHA FALTAS DE ORTOGRAFÍA BASTANTE EVIDENTES: PROHIBIDO E BOTAR ( POSTO QUE NON SERÁ UNHA VOTACIÓN PARA ELEXIR A NINGÚN CARGO). SEGURO QUE SE ENTRAS NA REDE E BUSCAS ATOPARÁS UN MONTÓN DE ENLACES NOS QUE DESTAQUEN ESTES CARTEIS E ANUNCIOS CHEOS DE FALTAS DE ORTOGRAFÍA QUE EMPREGA MOITA XENTE PARA BOTARSE UNHAS RISAS....
PERO NÓS IMOS A PRACTICAR COMO SE ESCRIBEN CORRECTAMENTE MOITAS DAS PALABRAS DO CASTELÁN NO SEGUINTE ENLACE. PICA NA TEA DE ARAÑA POPI E COMEZA A XOGAR E MELLORA A TÚA ORTOGRAFÍA. SORTE!

martes, 20 de marzo de 2012

CUENTOS MATEMÁTICOS

Neste novo enlace ímonos a contarvos un conto no que as matemáticas están moi presentes e nas que poderedes practicar algúnhas cuestións sobre números e cálculo. Ata podemos atopar MAXIA. Entrade e comprobade que non so nos contos hai princesas e dragóns, bruxas e raíñas.... Espero que vos guste este novo xeito de estudar matemáticas.

TRIÁNGULO MÁXICO

Atrévete a descubrir como colocar estes 6 números no triángulo de xeito que todos os lados sumen o mesmo. So necesitará un pequeno esforzo, e arrastrando os número lograrás colocalos nos círculos correspondentes para logra o obxectivo. Os números van dende o 9 ate o 12.

lunes, 19 de marzo de 2012

PUBLICIDADE.

Para traballar en clase podemos empregar moitos medios, e un que dende logo pode ser un recurso estupendo, así como divertido e interesante, son os anuncios publicitarios. Entra nesta páxina e descubre todo un mundo relacionado cos anuncios, o que nos queren transmitir, a arte que encerran, os recursos empregados, o nivel de engano e de venta de mundos maravillosos que mostran... etc. E a partir deles podemos comezar a falar e organizar nós o noso traballo sobre publicidade.
No lateral dereito hai un gadget relacionado con páxinas de publicidade para que sigades investigando.

COMEZAMOS A PRIMAVERA!

Esperemos que teñamos unha boa e ecolóxica primavera. Feliz primavera a todos!

UN TRABALLO BEN FEITO

martes, 6 de marzo de 2012

SEGUIMOS DE REPASO.... COÑECEMENTO DO MEDIO
E neste enlace, picando na imaxe, atoparás un xeito mais interesante de comprobar o que estás a estudar, neste caso relacionado coa materia de Coñecemento do Medio. Veña entra e a REPASAR... verás como melloran os teus resultados.
REPASANDO.... QUE REMATA O TRIMESTRE
Pica na imaxe, e pon a proba todo o que vas aprendendo. Deste xeito será mais fácil e entretido repasar os conceptos que tes que preparar para os controis.
E ante todo moita sorte e que realices un bo traballo!

lunes, 5 de marzo de 2012

O SOL,  A TERRA E AS ESTACIÓNS.
 O prometido é débeda: aquí tendes unha serie de enlaces a youtube onde poderedes ver unha serie de videos explicativos de como se forman as estacións. Tal e como explicamos na clase debido a esa inclinación do eixo terrestre de aproximadamente 23º. Así tamén como esto inflúe na formación das distintas zonas climáticas. Entra a través de cada unhas destas imaxes... e se queres busca algúns videos mais sobre este tema en youtube.


domingo, 4 de marzo de 2012


EL VERBO.
E agora pasamos ao tipo de palabras que mais variacións presenta nunha lingua pois engandindo gran variedade de desinencias  permitenlle ao falante e ao receptor engadir multitude de significados ao lexema verbal. Deste xeito informan de persoa, singular ou plural, tempos pasados, presentes ou futuros, accións acabadas ou inacabadas, accións realizadas efectivamente, ou desexadas ou posibles.
Pica na imaxe e descubreo por ti mesmo!

REPASO DE LENGUA CASTELLANA

Con esta aplicación poderemos repasar a clasificiación das palabras. Ten unha parte explicativa, e logo outra para por en práctica o que aprendeches, se és quen de respostar cada proba con un mínimo do 60% de acertos conseguirás unha pista para descubrir o enigma final.... Non che apetece probar?


Saberias dicir quen é o autor desta lámina?

.... Pois si, exacto! Leonardo Da Vinci. Recordas cando estivemos falando del e das súas máquinas, pois buscando na rede atopei este xogo Fun-da-Vinci, no que con táboas, rodas, e demais obxectos debes formar estructuras para que as bolas que lanza un cañón caian dentro da copa correspondente, fíxate ben...  pica na lámina de Da Vinci e comeza  a xogar. Sorte.
PRACTICAMOS COAS MEDIDAS UNIVERSAIS.
PROPÓÑOVOS UN REPASIÑO PARA OS CONTROIS TRIMESTRAIS...
IMOS PRACTICAR UN POUCO COA MEDIDAS NESTA PÁXINA DA EDITORIAL ANAYA, FACENDO UNHA SERIE DE EXERCICIOS ONDE PODEREDES IR COMPROBANDO O QUE XA SABEDES POIS TEÑEN A POSIBILIDADE DE CORRECCIÓN, DESTE XEITO SERÁ MAIS DOADO SACAR MELLORES NOTAS.

QUE TAL UN REPASIÑO AO CÁLCULO DE ÁREAS?
 Con este enlace a unha aplicación flash poderás facer un repaso estupendo para comprender ben como se calculan as áreas de diferentes figuras planas. Pica no tangram, entra e sácalle partido.