O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

martes, 23 de octubre de 2012

REPASAMOS XEOMETRÍA

Aquí tendes un enlace, no que poderedes repasar os principais conceptos de xeometría que vimos traballando na clase nestes tempo de curso, ademáis unha serie de actividades na que porá a proba a vosa capacidade de resolver pequenos puzzles xeométricos como o Tangram, e un espazo final que avaliará os teus coñecementos sobre esta materia. Espero que vos resulte entretido.
 POR CERTO, MIRADE A IMAXE QUE VOS PUXEN NESTE POST, AHÍ TENDES UNHA MIRADA TAMÉN Á XEOMETRÍA. 
ACORDÁDESVOS QUE ÍADES TRAER FOTOS PARA UNHA EXPOSICIÓN DE XEOMETRÍA? 
Estou esperándoas!!!!

martes, 9 de octubre de 2012

Para reflexionar

Ás veces nos deixamos levar polo noso impulso, e abusamos do poder que temos nun momento determinado. Pensamos que é gracioso e divertido dominar a outra persoa, cremos que temos dereitos sobre os demais, e medrámonos ao ver que compañeiros nosos nos siguen e nos consideran mais interesantes por romper normas, ser mais poderosos, valentes ou atrevidos.
Isto sucede moitas veces sin grandes consecuencias, pero pode suceder que as circunstancias fagan que esto se convirta nun problema realmente importante. Creo que é o momento de reflexionar e decidir que é o realmente importante das persoas: a agresividade ou a cercanía; o abuso ou a colaboración; ser mais que os demais ou ser os seus amigos e iguais.... REFLEXIONEMOS CO SEGUINTE VIDEO, picando na seguinte imaxe.

A ELECTRICIDADE

Un tipo de enerxía que todos empregamos un montón de veces ao longo do día é a enerxia eléctrica. Case todos os aparellos que empregamos precisan desta enerxía: televisión, videoconsolas, o teléfono móbil, o ordenador, etc. É tan necesaria que si se produce un apagón quedarémonos quietos sen saber o que facer, xa que non teriamos actividades que realizar.
Se queres saber mais sobre como se produce, se transporta e como se transforma, pica nesta bombilla e accederás a un video explicativo. Espero que che guste e che sirva de repaso.