O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

martes, 23 de octubre de 2012

REPASAMOS XEOMETRÍA

Aquí tendes un enlace, no que poderedes repasar os principais conceptos de xeometría que vimos traballando na clase nestes tempo de curso, ademáis unha serie de actividades na que porá a proba a vosa capacidade de resolver pequenos puzzles xeométricos como o Tangram, e un espazo final que avaliará os teus coñecementos sobre esta materia. Espero que vos resulte entretido.
 POR CERTO, MIRADE A IMAXE QUE VOS PUXEN NESTE POST, AHÍ TENDES UNHA MIRADA TAMÉN Á XEOMETRÍA. 
ACORDÁDESVOS QUE ÍADES TRAER FOTOS PARA UNHA EXPOSICIÓN DE XEOMETRÍA? 
Estou esperándoas!!!!

martes, 9 de octubre de 2012

Para reflexionar

Ás veces nos deixamos levar polo noso impulso, e abusamos do poder que temos nun momento determinado. Pensamos que é gracioso e divertido dominar a outra persoa, cremos que temos dereitos sobre os demais, e medrámonos ao ver que compañeiros nosos nos siguen e nos consideran mais interesantes por romper normas, ser mais poderosos, valentes ou atrevidos.
Isto sucede moitas veces sin grandes consecuencias, pero pode suceder que as circunstancias fagan que esto se convirta nun problema realmente importante. Creo que é o momento de reflexionar e decidir que é o realmente importante das persoas: a agresividade ou a cercanía; o abuso ou a colaboración; ser mais que os demais ou ser os seus amigos e iguais.... REFLEXIONEMOS CO SEGUINTE VIDEO, picando na seguinte imaxe.

A ELECTRICIDADE

Un tipo de enerxía que todos empregamos un montón de veces ao longo do día é a enerxia eléctrica. Case todos os aparellos que empregamos precisan desta enerxía: televisión, videoconsolas, o teléfono móbil, o ordenador, etc. É tan necesaria que si se produce un apagón quedarémonos quietos sen saber o que facer, xa que non teriamos actividades que realizar.
Se queres saber mais sobre como se produce, se transporta e como se transforma, pica nesta bombilla e accederás a un video explicativo. Espero que che guste e che sirva de repaso.

jueves, 13 de septiembre de 2012

ESCHER.

DE NOVO NA CLASE!, 
E como xa quedamos hoxe comezamos a introducir neste blog que agora adicaremos mais ao traballo de aula todos aqueles enlaces, informacións e documentos de interese para completar as informacións dadas en clase.
COMENZAMOS CO ENLACE QUE VOS PROMETÍN SOBRE ESTE AUTOR QUE MESTURA ARTE, ESPACIO E MATEMÁTICAS. XEOMETRÍA EN DEFINITIVA.
Entrade e descubride novos mundos artísticos e matemáticos. Xa comentaremos logo en clase.
E ANTES DE PECHAR ESTA ENTRADA.... DESEXARVOS UNHA BENVIDA AO COLE.

viernes, 15 de junio de 2012

AVALIACIÓN. RESULTADO ENQUISAS ALUMNOS

 Neste enlace aportamos a valoración de datos aportados pola enquisa presentada a alumnos participantes no programa Enganchar.t 2012. Se entras  neste enlace  ( picando na foto) terás acceso aos documentos que informan cales foron esas preguntas e as gráficas cos resultados das mesmas.

ENQUISA A PAIS. RESULTADOS


Aquí temos un enlace adicado a todos os pais e profes que teñan interese en saber a opinión xeral sobre a posta en marcha e o transcurso do programa Enganchar.t ao longo destes 6 meses. Picando na fotografía veremos unhas gráficas sobre as contestacións a unhas preguntas sobre o programa.

domingo, 10 de junio de 2012

PUZZLE. COMPLETA OS CADROS.

Neste enlace terás que conseguir arrastras todos os anacos dos cadros famosos e que se caeron, pero debes conseguilo nun tempo máximo. Serás quen de conseguilo?

lunes, 28 de mayo de 2012

AS SUPERFICIES


Neste enlace poderedes atopar actividades para repasar o tema de superficies, cálculo de superficies e tamén algunha información CURIOSA como por exemplo: Si  nunha habitación de 9 metros cadrados cuberta con billetes de 50 € canto diñeiro teríamos? Se o queres saber entra no enlace e descubre a resposta a esta e outras preguntas no apartado. SABIAS QUE.

IDADE ANTIGUA

De todos as aplicacións que teñen seleccionadas no colexio Infanta Cristina de Murcia subo aquí este no que poderedes atopar unha boa información sobre todos os poboadores da época antigua na Península Ibérica: Celtas, Iberos, Fenicios, Cartaxineses, Gregos e Romanos....
Se queres seguir mais enlaces deste centro tendes un gadget lateral coa denominación Exames! e dende alí entrades en toda a selección de información e actividades deste colexio. Seguro que che servirá de axuda.

sábado, 26 de mayo de 2012

CAMBIALLE OS SIGNOS!


Neste sinxelo xogo so terás que picar nos círculos azuis para modificar o signo da operación tentando que as operacións sexan correctas.
Animate, non creo que se che resista!

CÁLCULO MENTAL. SUMAS.


Vamos a prácticar o cálculo mental. Con esta aplicación terás que buscar rápidamente no taboleiro os número que sumados formen o que che sae na roda da dereita. Prepárate a sumar a toda velocidade evitando que se che acabe o tempo. A ver cantos números és  quen de borrar.

lunes, 21 de mayo de 2012

VIDA E PERSONAXES DA IDADE MEDIA

Neste enlace podes informarte de como era a vida na idade media, como vivían os distintos estamentos ( nobres, monxes, campesinos, señores, soldados, etc) gracias ao traballo realizado polo colexio Juan Ochoa de Avilés, Asturias. Espero que vos guste.

A MÁQUINA DO TEMPO


Dende os traballos realizados na Junta de Castilla e León atopamos moitos enlaces ben interesantes para o traballo na escola. Neste  caso temos unha  máquina do tempo que nos pode trasladar a calquera tempo pasado. Así coñeceremos os sucesos mais importantes de cada época e un pequeno repaso de como era a sociedade en cada un deses tempos.
Adéntrate no estudo da historia de xeito mais ameno.

VIÑETAS ´SOBRE EDUCACIÓN



Imos botar unhas risas con Tonucci, e a súa visión da educación... seguro que nos recorda a cousas que nos pasaron ou nos pasan....

lunes, 7 de mayo de 2012

Practicamos cálculo

Neste enlace atoparás un montón de actividades para practicar cálculo mental, taboas de multiplicar, divisións, fraccións, etc.
Está en inglés pero seguro que non teredes ningún problema en enterarvos como funciona cada un deles.
Entrade e a practicar. SORTE.

domingo, 6 de mayo de 2012

TIRAS CÓMICAS CON GARFIELD

Pon a proba a túa creatividade e a capacidade de facernos rir empregando esta sinxela aplicación na que podes elaborar unha tira cómica co mais famoso dos gatos do debuxos animados.... ANIMATE E A VER QUEN CONSEGUE OS MELLORES RESULTADOS.

martes, 1 de mayo de 2012

TES FALTAS DE ORTOGRAFÍA?

Ben seguro que xa sabes que burro escribese con B, pero aínda haberá algunhas veces en que metemos a "pata" ( e non a de burro).
 É por iso puxen este outro enlace que atopei no blog de 2º Ciclo do noso cole para que practiquemos coa ortografía.
Entra! seguro que non te arrepentirás e ó fin rebuznarás de ledicia cando descubras que xa non  cometes tantas faltas nos teus escritos.

lunes, 30 de abril de 2012

AXUDA ÁS FORMIGAS....


Mirade que xogo atopei! Neste temonos que convertir en aliados das formigas para que cheguen coas súas follas cortadas á pola que as levará ate o formigueiro. Pero cuidado hai outros animaliños que se debemos desviar para evitar que acaben co traballo minucioso das nosas amigas.
Deberedes dirixir a frecha vermella de xeito que indiquedes a dirección correcta para as formigas e desviedes dese camiño ao resto dos bichos... SORTE!

QUE TAL ANDAS DE ORTOGRAFÍA?

Pica neste enlace e atoparás actividades para repasar a ortografía do castelán,  ben seguro que nos virá ben...

QUEN É DON QUIJOTE?

Neste enlace atoparás un libro interactivo con un montón de información sobre este personaxe tan importante na nosa literatura e que é coñecido en todo o mundo.
Entra e informate, descubre o seu mundo, onde vivía, como era a sociedade onde se desenvolven as fantásticas historia do libro mais importante da literatura castelán.

lunes, 23 de abril de 2012

PUZZLE. ARCOS.

En" Amolasmates" atopei este xogo no que temos que conseguir unir as mesmas cores  formando arcos concéntricos. Dispón de  diferentes niveis.
Para conseguilo teredes que ir xirando os distintos arcos e mover ao espazo en negro as pezas das distintas cores... A ver quen é o primeiro que consigue superar todolos niveis.

RAZOAMENTO LÓXICO

Buscando na rede, coma sempre, atopei en Actiludis este enlace no que podedes poñer a proba a vosa capacidade de razoamento lóxico cun montón de actividades de razoamente matemático. A ver se sodes quen de superar todalas probas....

MAIS APARCAMENTOS

Outra versión sobre aparcamentos de coches, creo que algo mais fácil. Entra e consigue superar todos os niveis.

lunes, 9 de abril de 2012

XOGAMOS AOS BARCOS?

A TÍPICA BATALLA DE BARCOS DE TODA A VIDA PERO AGORA CON EFECTOS ESPECIAIS.... DIVERTIDO NON?
POIS ENTRA NESTE ENLACE E COMEZA A TÚA ESTRATEXIA PARA QUE O INIMIGO NON CHE DETECTE OS TEUS BARCOS E CONSIGUE TORPEDEAR OS SEUS CANTO ANTES...

INTENTAO!!!!

SAE DO LABERINTO

SOAMENTE TERÁS QUE POR A PROBA A TÚA ORIENTACIÓN E CONSEGUIR SAÍR DO LABERINTO... TAMÉN ATOPARÁS ALGUNHAS AXUDAS POLO CAMIÑO.
MANEXATE COS CURSORES DO TECLADO PARA MOVER O PERSONAXE QUE DEBERÁS SALVAR.

ÁNIMO! SEGURO QUE ENSEGUIDA O CONSIGUES.

ENCAIXA OS CATRO "T"

PICA NO T E ENTRARÁS NUN XOGO DE HABILIDADE ONDE TERÁS QUE ENCAIXAR NUN CADRADO AS CATRO "T" QUE ATOPARÁS DE XEITO QUE NINGUNHA DELAS SE SUPERPOÑA A OUTRA. TES UN NIVEL FÁCIL E UN NIVEL DIFICIL.
SERÁS CAPAZ?

PALABRAS E DEFINICIÓNS

SE ENTRAS NESTE ENLACE DEBERÁS COMPLETAR AS PIRÁMIDES BUSCANDO A PALABRA ADECUADA. PARA PODER FACELO O FARAÓN DARACHE A INICIAL DUNHA SERIE DE PALABRAS QUE COMEZAN TODAS POLA MESMA LETRA PERO CADA PALABRA CONTÉN UNHA LETRA MENOS, FORMANDO DESTE XEITO A PIRÁMIDE....
ACEPTA O RETO DO FARAÓN!

BUSCA A PALABRA

Entra neste enlace, é un sinxelo xogo onde todo consiste en gañar unha carreira nun taboleiro contra un contrincante que propón o mesmo xogo, gaña aquel que consigue acertar as palabras que faltan nunha serie de frases. Poder ir engadindo letras se non tés idea do que pode ser para darche pistas.... pero non podes ter mais de tres fallos.
Ademáis se sabes que tipo de palabra é ( adxetivo, verbo, nome) conseguirás puntos adicionais. Sorte e gañalle á computadora!!!!!

domingo, 25 de marzo de 2012

CÁLCULO MENTAL

NESTE ENLACE TERÁS QUE AXUDAR A SABUESO PARA QUE GAÑE A CARREIRA ACERTANDO A CONTRA RELOXO O CÁLCULO QUE CHE PROPOÑEN.
RECORDA COMO ESTRATEXIA A DESCOMPOSICIÓN DA DECENA: AUTOMATICAMENTE DEBES VER UN NÚMERO COMO DESCOMPOSICIÓN DA DECENA, É DICIR ,SE TEN 7 DEBES AUTOMÁTICAMENTE VER O 3 COMO COMPLEMENTO ATE AO 10. ISTO AXUDARÁ A QUE TRABALLES EN DECENAS ADIANTANDO TEMPO NO CÁLCULO E VENCENDO NESTA CARREIRIÑA DE CAN.... JEJEJE.

A RODA DO SABER.

NESTA HISTORIA UN VALENTE SAMURAI ENAMORASE DUNHA PRINCESA CHINA, PERO COMO SEMPRE NESTAS HISTORIAS O PAI NON ESTÁ DISPOSTO A DAR A MAN DA SÚA FILLA SEN ANTES PASAR UNHA SERIE DE PROBAS.... ESTAS CONSISTEN EN RESOLVER AS CUESTIÓNS DA RODA DO SABER E CONSEGUIR O GONG DE OURO QUE CUSTODIAN CATRO TEMIBLES DRAGÓNS AOS QUE DEBERÁS CONTESTAR ACERTADAMENTE ÁS SÚAS CUESTIÓNS PARA VENCELOS.
SE CONSIGUES QUE O SAMURAI PASE TODO O XOGO SERÁ LIBRE DE CASAR COA PRINCESA CHINA.
PICA NO DEBUXO DO SAMURAI PARA ENLAZAR CON ESTA ACTIVIDADE E QUE TEÑAS MOITA SORTE NESTE NOVO RETO.

A Oca

E QUE TAL SE PRACTICAMOS ALGO A MULTIPLICACIÓN?
SEGURO QUE SABEDES MULTIPLICAR E QUE O FACEDES CORRECTAMENTE, PERO ADEMAIS, PARA SER MAIS EFECTIVOS NAS NOSAS OPERACIÓNS É PRECISO QUE PRACTIQUEMOS AS TÁBOAS PARA MELLORAR A NOSA VELOCIDADE DE CÁLCULO... POIS CON ESTE XOGO QUE É A OCA DEBEREDES SUPERAR UNHA CHEA DE PROBAS NAS QUE DEBERÁS QUE DEMOSTRAR A TÚA HABILIDADE COA MULTIPLICACIÓN.
SEGURO QUE NOS VIRÁ DE PERLAS PARA REPASAR E AO MESMO TEMPO DIVERTIRNOS UN POUCO.
PRESTA MOITA ATENCIÓN ÁS INSTRCCIÓNS DE CADA UNHA DAS PROBAS PARA RESOLVELAS NO TEMPO QUE CHE INDICAN.
ANIMO E ADIANTE COA MULTIPLICACIÓN!

ORTOGRAFÍA


 SEGURO QUE TE SORPRENDEU ESTE CARTEL! É LÓXICO POIS MOSTRA UNHA FALTAS DE ORTOGRAFÍA BASTANTE EVIDENTES: PROHIBIDO E BOTAR ( POSTO QUE NON SERÁ UNHA VOTACIÓN PARA ELEXIR A NINGÚN CARGO). SEGURO QUE SE ENTRAS NA REDE E BUSCAS ATOPARÁS UN MONTÓN DE ENLACES NOS QUE DESTAQUEN ESTES CARTEIS E ANUNCIOS CHEOS DE FALTAS DE ORTOGRAFÍA QUE EMPREGA MOITA XENTE PARA BOTARSE UNHAS RISAS....
PERO NÓS IMOS A PRACTICAR COMO SE ESCRIBEN CORRECTAMENTE MOITAS DAS PALABRAS DO CASTELÁN NO SEGUINTE ENLACE. PICA NA TEA DE ARAÑA POPI E COMEZA A XOGAR E MELLORA A TÚA ORTOGRAFÍA. SORTE!

martes, 20 de marzo de 2012

CUENTOS MATEMÁTICOS

Neste novo enlace ímonos a contarvos un conto no que as matemáticas están moi presentes e nas que poderedes practicar algúnhas cuestións sobre números e cálculo. Ata podemos atopar MAXIA. Entrade e comprobade que non so nos contos hai princesas e dragóns, bruxas e raíñas.... Espero que vos guste este novo xeito de estudar matemáticas.

TRIÁNGULO MÁXICO

Atrévete a descubrir como colocar estes 6 números no triángulo de xeito que todos os lados sumen o mesmo. So necesitará un pequeno esforzo, e arrastrando os número lograrás colocalos nos círculos correspondentes para logra o obxectivo. Os números van dende o 9 ate o 12.

lunes, 19 de marzo de 2012

PUBLICIDADE.

Para traballar en clase podemos empregar moitos medios, e un que dende logo pode ser un recurso estupendo, así como divertido e interesante, son os anuncios publicitarios. Entra nesta páxina e descubre todo un mundo relacionado cos anuncios, o que nos queren transmitir, a arte que encerran, os recursos empregados, o nivel de engano e de venta de mundos maravillosos que mostran... etc. E a partir deles podemos comezar a falar e organizar nós o noso traballo sobre publicidade.
No lateral dereito hai un gadget relacionado con páxinas de publicidade para que sigades investigando.

COMEZAMOS A PRIMAVERA!

Esperemos que teñamos unha boa e ecolóxica primavera. Feliz primavera a todos!

UN TRABALLO BEN FEITO

martes, 6 de marzo de 2012

SEGUIMOS DE REPASO.... COÑECEMENTO DO MEDIO
E neste enlace, picando na imaxe, atoparás un xeito mais interesante de comprobar o que estás a estudar, neste caso relacionado coa materia de Coñecemento do Medio. Veña entra e a REPASAR... verás como melloran os teus resultados.
REPASANDO.... QUE REMATA O TRIMESTRE
Pica na imaxe, e pon a proba todo o que vas aprendendo. Deste xeito será mais fácil e entretido repasar os conceptos que tes que preparar para os controis.
E ante todo moita sorte e que realices un bo traballo!

lunes, 5 de marzo de 2012

O SOL,  A TERRA E AS ESTACIÓNS.
 O prometido é débeda: aquí tendes unha serie de enlaces a youtube onde poderedes ver unha serie de videos explicativos de como se forman as estacións. Tal e como explicamos na clase debido a esa inclinación do eixo terrestre de aproximadamente 23º. Así tamén como esto inflúe na formación das distintas zonas climáticas. Entra a través de cada unhas destas imaxes... e se queres busca algúns videos mais sobre este tema en youtube.


domingo, 4 de marzo de 2012


EL VERBO.
E agora pasamos ao tipo de palabras que mais variacións presenta nunha lingua pois engandindo gran variedade de desinencias  permitenlle ao falante e ao receptor engadir multitude de significados ao lexema verbal. Deste xeito informan de persoa, singular ou plural, tempos pasados, presentes ou futuros, accións acabadas ou inacabadas, accións realizadas efectivamente, ou desexadas ou posibles.
Pica na imaxe e descubreo por ti mesmo!

REPASO DE LENGUA CASTELLANA

Con esta aplicación poderemos repasar a clasificiación das palabras. Ten unha parte explicativa, e logo outra para por en práctica o que aprendeches, se és quen de respostar cada proba con un mínimo do 60% de acertos conseguirás unha pista para descubrir o enigma final.... Non che apetece probar?


Saberias dicir quen é o autor desta lámina?

.... Pois si, exacto! Leonardo Da Vinci. Recordas cando estivemos falando del e das súas máquinas, pois buscando na rede atopei este xogo Fun-da-Vinci, no que con táboas, rodas, e demais obxectos debes formar estructuras para que as bolas que lanza un cañón caian dentro da copa correspondente, fíxate ben...  pica na lámina de Da Vinci e comeza  a xogar. Sorte.
PRACTICAMOS COAS MEDIDAS UNIVERSAIS.
PROPÓÑOVOS UN REPASIÑO PARA OS CONTROIS TRIMESTRAIS...
IMOS PRACTICAR UN POUCO COA MEDIDAS NESTA PÁXINA DA EDITORIAL ANAYA, FACENDO UNHA SERIE DE EXERCICIOS ONDE PODEREDES IR COMPROBANDO O QUE XA SABEDES POIS TEÑEN A POSIBILIDADE DE CORRECCIÓN, DESTE XEITO SERÁ MAIS DOADO SACAR MELLORES NOTAS.

QUE TAL UN REPASIÑO AO CÁLCULO DE ÁREAS?
 Con este enlace a unha aplicación flash poderás facer un repaso estupendo para comprender ben como se calculan as áreas de diferentes figuras planas. Pica no tangram, entra e sácalle partido.

domingo, 26 de febrero de 2012

MEDIDAS DE LONXITUDE.
Neste enlace atoparás unhas serie de actividades e xogos relacionadas coa medición de lonxitudes, equivalencias entre as distintas medidas e cambio de unhas a outras; incluso tendes unha aplicación que consiste nunha máquina que cambia de unha medida a outra.
Atoparedes tamén actividades sobre figuras, figuras planas e escalas.
Entra  e investiga neste enlace que che axudará a entender os novos temas de mates que estades a traballar en clase.