O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

lunes, 31 de marzo de 2014

XOGA COAS PALABRAS E SOLIDARIZATE.

En este enlace que vos propoño hoxe non soamemente imos a practicar linguaxe, en concreto o idioma castelán, senón que ao mesmo tempo que nós estamos a mellorar a nosas capacidades e o noso aprendizaxe estamos a facer unha donación de arroz para aqueles lugares do mundo onde a escasez fan que moitas pesoas pasen fame.  NON DUBIDES EN ENTRAR DESTE XEITO ESTARÁS A FACER ALGO PARA LOGRAR UN MUNDO MAIS XUSTO. 
PINCHA NA IMAXE E COMEZA A COLABORAR E A APRENDER.
 El Programa Mundial de Alimentos (PMA) de las Naciones Unidas distribuye todo el arroz que tú donas para ayudar a combatir el hambre. El PMA es la agencia de las Naciones Unidas en primera línea en la lucha contra el hambre global y la mayor organización humanitaria que trabaja en estrecha colaboración con otras organizaciones y gobiernos en más de 70 países.
Además de proporcionar alimentos, el PMA brinda ayuda a las personas con hambre para que sean autosuficientes y escapen de la pobreza para siempre. Por lo general, y mientras sea posible, el PMA compra alimentos a nivel local para ahorrar costos de transporte y para ayudar a impulsar los mercados locales.

¿Cuál es la historia de Freerice?
Freerice fue fundado en octubre de 2007 por John Breen. En marzo de 2009, el Sr. Breen donó el sitio web al Programa Mundial de Alimentos. El Sr. Breen expresó su esperanza de que en los próximos años Freerice tuviera la capacidad crecer, contribuyendo a alimentar y educar a tantas personas como fuese posible en todo el mundo.
http://es.freerice.com/#/vocabulario-en-espa%C3%B1ol/636060

lunes, 17 de marzo de 2014

ARTISTA GALEGO


NA FOTOGRAFIA QUE INCLUÍMOS HOXE TEMOS UNHA XERRA FEITA EN SARGADELOS, A FAMOSA PORCELANA GALEGA, E ESTÁ ADICADA A UN GRAN ARTISTA GALEGO.
ADEMAIS COMO DENTRO DO PROXECTO DA BIBLIOTECA IMOS ADICARNOS AGORA A CONVERTER O NOSO CENTRO NUNHA GRANDE GALERIA DE ARTE, DECIDÍN PRESENTARVOS A ESTE PINTOR E ESCRITOR.
IMOS A TRABALLAR NA CLASE DE PLÁSTICA A SÚA OBRA E TENTAREMOS APRENDER DA SÚA EXPRESIVIDADE E DA SÚA CREATIVIDADE... VEREDES QUE BOS TRABALLOS NOS PODE INSPIRAR ESTE GRAN ARTISTA.
PARA SABER MAIS SO CHEGA CON ENTREDES NO ENLACE ASOCIADO A ESTA IMAXE DA XERRA DE SARGADELOS E DESCUBRIREDES DE QUEN ESTAMOS A FALAR...

http://www.luisseoanefund.org/fundacionls/gl

lunes, 10 de marzo de 2014

GUSTARIACHE SABER COMO SE FORMA UN FURACÁN?

Un dos fenómenos da Natureza que mais chama a atención pola sua forza e pola gran cantidade de destrozos que pode causar son os furacáns. Neste enlace do xornal El Mundo temos unha aplicación onde se nos explica cal é a orixe dos mesmos e en que consisten.  Se queres aprender algo máis sobre este fenómeno podes acceder clicando sobre a imaxe.

http://www.elmundo.es/elmundo/2003/graficos/jun/s2/huracan.html

A ATMÓSFERA

Enlazo con esta fermosa fotografía da Atmósfera un video explicativo no que nos dará moita informacións sobre gases que a conforman, as distintas partes que podemos observar e cal é a función da atmósfera. Espero que vos guste. Clica na imaxe e disfruta do video.

http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/ciencias-naturales/como-es-la-estructura-de-la-atmosfera-terrestre-10713

jueves, 27 de febrero de 2014

GUSTANCHE OS AVIÓNS DE PAPEL?

Os avións de papel son un dos xoguetes mais baratos que existen, únicamente precisas un folio, algo de paciencia, atención, habilidade e logo moitas gañas de divertirte... seguro que nesta páxina que vos propoño aquí atoparedes ideas que vos interesarán para dar renda solta ás vosas gañas de crear os vosos propios aparellos aeronáuticos... Entrade a través da imaxe do avión e disfrutade, seguro que vos sorprende o ben que voan estes simples xoguetes.

http://www.avioncitosdepapel.com/index.php

lunes, 24 de febrero de 2014

ZONA DE APARCAMENTO.

Aquí propoñoche un xogo no que deberán organizar todos os coches para que ao fin queden aparcados na súa zona correspondente coa cor do coche. Pensao ben e organiza todos os movementos para acabar no menor número de movementos posibles. Entra no xogo pinchando na imaxe do xogo.

http://www.juegosparalistos.es/Juegos_flash/ParkingZone.html

miércoles, 19 de febrero de 2014

TREVOS DE CATRO FOLLAS

Seguro que todos saberedes que se atopades un trevo de catro follas eso supón que a túa sorte vai mudar. Que dende o momento que poseades un deses trevos ides ter boa sorte, e como non na rede atopase de todo ata trevos de catro follas. Por iso enlazo este xogo para que tentedes á sorte e atopedes todos os trevos que poidades. Entrade picando na imaxe seguinte e MOITA SORTE!

http://www.grupotopmanta.es/Flash/html/luckyclover.htm

lunes, 10 de febrero de 2014

TANGRAM

Como xa sabedes o Tangram é un puzzle composto por 7 pezas de formas xeométricas coas que poderedes compoñer multitude de formas. Neste caso tedes o mesmo xogo en versión dixital, de xeito que poderedes facer o mesmo en pantalla. Espero que vos guste.

http://www.grupotopmanta.es/Flash/html/tangram.htm

CUBOX

Neste xogo o que tes que conseguir é mover coa axuda das frechas as distintas pezas para colocalas do mesmo xeito que che indica o recadro do xogo situados na parte superior dereita. Non parece moi difícil pero a cousa vaise complicando segundo escollas niveis nos recadros A,B,C,D,E ou F. Intentao!



MAHJONG

Este xogo oriental é un solitario no que deberemos eliminar de dúas en dúas as distintas pezas das que dispomos. Eso sí deberemos eliminar dúas pezas que se atopen en posición libre, é dicir, que non estean rodeadas de outras e estén na superficie da construcción. Atrevedevos a probar, é entretido e é algo mais dificil do que parece. 
Para poder acceder ao xogo pincha na imaxe do xogo.
http://www.grupotopmanta.es/Flash/html/mahjong2.htm