O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

lunes, 28 de mayo de 2012

AS SUPERFICIES


Neste enlace poderedes atopar actividades para repasar o tema de superficies, cálculo de superficies e tamén algunha información CURIOSA como por exemplo: Si  nunha habitación de 9 metros cadrados cuberta con billetes de 50 € canto diñeiro teríamos? Se o queres saber entra no enlace e descubre a resposta a esta e outras preguntas no apartado. SABIAS QUE.

IDADE ANTIGUA

De todos as aplicacións que teñen seleccionadas no colexio Infanta Cristina de Murcia subo aquí este no que poderedes atopar unha boa información sobre todos os poboadores da época antigua na Península Ibérica: Celtas, Iberos, Fenicios, Cartaxineses, Gregos e Romanos....
Se queres seguir mais enlaces deste centro tendes un gadget lateral coa denominación Exames! e dende alí entrades en toda a selección de información e actividades deste colexio. Seguro que che servirá de axuda.

sábado, 26 de mayo de 2012

CAMBIALLE OS SIGNOS!


Neste sinxelo xogo so terás que picar nos círculos azuis para modificar o signo da operación tentando que as operacións sexan correctas.
Animate, non creo que se che resista!

CÁLCULO MENTAL. SUMAS.


Vamos a prácticar o cálculo mental. Con esta aplicación terás que buscar rápidamente no taboleiro os número que sumados formen o que che sae na roda da dereita. Prepárate a sumar a toda velocidade evitando que se che acabe o tempo. A ver cantos números és  quen de borrar.

lunes, 21 de mayo de 2012

VIDA E PERSONAXES DA IDADE MEDIA

Neste enlace podes informarte de como era a vida na idade media, como vivían os distintos estamentos ( nobres, monxes, campesinos, señores, soldados, etc) gracias ao traballo realizado polo colexio Juan Ochoa de Avilés, Asturias. Espero que vos guste.

A MÁQUINA DO TEMPO


Dende os traballos realizados na Junta de Castilla e León atopamos moitos enlaces ben interesantes para o traballo na escola. Neste  caso temos unha  máquina do tempo que nos pode trasladar a calquera tempo pasado. Así coñeceremos os sucesos mais importantes de cada época e un pequeno repaso de como era a sociedade en cada un deses tempos.
Adéntrate no estudo da historia de xeito mais ameno.

VIÑETAS ´SOBRE EDUCACIÓN



Imos botar unhas risas con Tonucci, e a súa visión da educación... seguro que nos recorda a cousas que nos pasaron ou nos pasan....

lunes, 7 de mayo de 2012

Practicamos cálculo

Neste enlace atoparás un montón de actividades para practicar cálculo mental, taboas de multiplicar, divisións, fraccións, etc.
Está en inglés pero seguro que non teredes ningún problema en enterarvos como funciona cada un deles.
Entrade e a practicar. SORTE.

domingo, 6 de mayo de 2012

TIRAS CÓMICAS CON GARFIELD

Pon a proba a túa creatividade e a capacidade de facernos rir empregando esta sinxela aplicación na que podes elaborar unha tira cómica co mais famoso dos gatos do debuxos animados.... ANIMATE E A VER QUEN CONSEGUE OS MELLORES RESULTADOS.

martes, 1 de mayo de 2012

TES FALTAS DE ORTOGRAFÍA?

Ben seguro que xa sabes que burro escribese con B, pero aínda haberá algunhas veces en que metemos a "pata" ( e non a de burro).
 É por iso puxen este outro enlace que atopei no blog de 2º Ciclo do noso cole para que practiquemos coa ortografía.
Entra! seguro que non te arrepentirás e ó fin rebuznarás de ledicia cando descubras que xa non  cometes tantas faltas nos teus escritos.