O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

lunes, 30 de abril de 2012

AXUDA ÁS FORMIGAS....


Mirade que xogo atopei! Neste temonos que convertir en aliados das formigas para que cheguen coas súas follas cortadas á pola que as levará ate o formigueiro. Pero cuidado hai outros animaliños que se debemos desviar para evitar que acaben co traballo minucioso das nosas amigas.
Deberedes dirixir a frecha vermella de xeito que indiquedes a dirección correcta para as formigas e desviedes dese camiño ao resto dos bichos... SORTE!

QUE TAL ANDAS DE ORTOGRAFÍA?

Pica neste enlace e atoparás actividades para repasar a ortografía do castelán,  ben seguro que nos virá ben...

QUEN É DON QUIJOTE?

Neste enlace atoparás un libro interactivo con un montón de información sobre este personaxe tan importante na nosa literatura e que é coñecido en todo o mundo.
Entra e informate, descubre o seu mundo, onde vivía, como era a sociedade onde se desenvolven as fantásticas historia do libro mais importante da literatura castelán.

lunes, 23 de abril de 2012

PUZZLE. ARCOS.

En" Amolasmates" atopei este xogo no que temos que conseguir unir as mesmas cores  formando arcos concéntricos. Dispón de  diferentes niveis.
Para conseguilo teredes que ir xirando os distintos arcos e mover ao espazo en negro as pezas das distintas cores... A ver quen é o primeiro que consigue superar todolos niveis.

RAZOAMENTO LÓXICO

Buscando na rede, coma sempre, atopei en Actiludis este enlace no que podedes poñer a proba a vosa capacidade de razoamento lóxico cun montón de actividades de razoamente matemático. A ver se sodes quen de superar todalas probas....

MAIS APARCAMENTOS

Outra versión sobre aparcamentos de coches, creo que algo mais fácil. Entra e consigue superar todos os niveis.

lunes, 9 de abril de 2012

XOGAMOS AOS BARCOS?

A TÍPICA BATALLA DE BARCOS DE TODA A VIDA PERO AGORA CON EFECTOS ESPECIAIS.... DIVERTIDO NON?
POIS ENTRA NESTE ENLACE E COMEZA A TÚA ESTRATEXIA PARA QUE O INIMIGO NON CHE DETECTE OS TEUS BARCOS E CONSIGUE TORPEDEAR OS SEUS CANTO ANTES...

INTENTAO!!!!

SAE DO LABERINTO

SOAMENTE TERÁS QUE POR A PROBA A TÚA ORIENTACIÓN E CONSEGUIR SAÍR DO LABERINTO... TAMÉN ATOPARÁS ALGUNHAS AXUDAS POLO CAMIÑO.
MANEXATE COS CURSORES DO TECLADO PARA MOVER O PERSONAXE QUE DEBERÁS SALVAR.

ÁNIMO! SEGURO QUE ENSEGUIDA O CONSIGUES.

ENCAIXA OS CATRO "T"

PICA NO T E ENTRARÁS NUN XOGO DE HABILIDADE ONDE TERÁS QUE ENCAIXAR NUN CADRADO AS CATRO "T" QUE ATOPARÁS DE XEITO QUE NINGUNHA DELAS SE SUPERPOÑA A OUTRA. TES UN NIVEL FÁCIL E UN NIVEL DIFICIL.
SERÁS CAPAZ?

PALABRAS E DEFINICIÓNS

SE ENTRAS NESTE ENLACE DEBERÁS COMPLETAR AS PIRÁMIDES BUSCANDO A PALABRA ADECUADA. PARA PODER FACELO O FARAÓN DARACHE A INICIAL DUNHA SERIE DE PALABRAS QUE COMEZAN TODAS POLA MESMA LETRA PERO CADA PALABRA CONTÉN UNHA LETRA MENOS, FORMANDO DESTE XEITO A PIRÁMIDE....
ACEPTA O RETO DO FARAÓN!

BUSCA A PALABRA

Entra neste enlace, é un sinxelo xogo onde todo consiste en gañar unha carreira nun taboleiro contra un contrincante que propón o mesmo xogo, gaña aquel que consigue acertar as palabras que faltan nunha serie de frases. Poder ir engadindo letras se non tés idea do que pode ser para darche pistas.... pero non podes ter mais de tres fallos.
Ademáis se sabes que tipo de palabra é ( adxetivo, verbo, nome) conseguirás puntos adicionais. Sorte e gañalle á computadora!!!!!