O TEMPO EN SANTA COMBA

El Tiempo en Santa Comba

martes, 31 de enero de 2012


Iste é o último libro publicado sobre os Megatoxos. Ademáis este libro acadou o premio Merlin 2011.
Nos estamos a ler en clase e a comentalo no Club de lectura: " A ovella Raimunda" un libro deste autor que se titula " Os Megatoxos e a Cara oculta de Lúa", para seguir a este autor e aos seus personaxes puxen un enlace no menú lateral que che levará ao blog dos Megatoxos. Se queres pica tamén nesta imaxe do libro que tamén che enlazará co seu blog.
A seguir lendo e disfrutando! Vémonos o venres no Club de lectura!.

martes, 24 de enero de 2012





CREA A TÚA BANDA DESEÑADA.

E para rematar as entradas de hoxe, unha proposta de escritura. Si, de escritura, pero dende unha perspectiva que seguro gustará moito: A BANDA DESEÑADA.
Accedendo a través da imaxe que mostra diferentes tipos de bocadillos empregados no deseño de BD, accederedes a unha aplicación con múltiples posibilidades para que montedes a vosa historia.
Tendes catro viñetas con botóns para cambialas, aproximalas, etc. Tamén tendes abaixo das mesmas unhas series de imaxe, bocadillos, etc para compoñer a historia. E se pensades que valeu a pena o traballo, que quedou digno de ensinarllelo aos vosos compañeiros... TAMÉN O PODEREDES IMPRIMIR.




NA BEIRA DO PRECIPICIO.
Con este xogo tes que ter claro o espacio e o camiño a seguir se non queres acabar nunha caída ao infinito... Xogas coas teclas de movemento do cursor e terás que conseguir que o cubo vermello vaia pasando por todalas lousas brancas ata chegar á vermella. Se fas isto, en cada paso a lousa branca desaparecerá. Cando as elimines todas avanzas ao nivel seguinte.
Van aparecer tamén lousas de cor gris que terás que pisar co cubo vermello dúas veces para eliminalas. Pica na imaxe e ...
A ver se o consigues!


SALVAMOS MULTIPLOS.
E como sei que estades a traballar na clase os múltiplos e os divisores atopei este sinxelo xogo que pon a proba a vosa capacidade de atopar os múltiplos dun número antes que a serpe que os irá tragando. Entrade picando no debuxo do vermiño e sede ben rápidos para salvar cantos mais mellor. ANIMO!

domingo, 22 de enero de 2012

DETERMINANTES.

Atopei ademais estas actividades para que comprobedes se sodes capaces de distinguir os distintos determinantes.
Recordamos que os determinantes eran aquelas palabras que aportaban información ao sustantivo que acompañan referida a concrección, número ou cantidade, posesión, etc.
Se queres pica no enlace e poderas averiguar se tes ben integrados estes conceptos.

REPASO DE LENGUA.

Con este enlace podes repasar os distintos conceptos que estivemos a traballar ate o de agora na clase de Lingua e de Lengua. Atrevete a buscar actividades e proba a ver canto sabes!
Pica no seguinte enlace:




POTENCIAS. MÚLTIPLOS E DIVISORES.

Dende este enlace poder ter acceso á actividades da páxina "Amo las mates", para que poidades repasar o que estades a dar agora na clase: potencias, múltiplos e divisores así como o Mínimo Común Múltiplo.

sábado, 21 de enero de 2012


CURIOSIDADES DO SISTEMA SOLAR.
E como agora na clase estamos a falar do Universo, do nosos Sistema Solar, aqui deixovos unha fermosa imaxe dende o Circulo Polar onde podemos ver aliñadas a Terra, o Sol e a Lúa. Curioso verdade? Pois entra no enlace picando na pregunta e verás algo tamén verdadeiramente curioso.

jueves, 19 de enero de 2012

E PARA REMATAR HOXE, INCLÚO UN XOGO QUE BEN SEGURO RECOÑECEREDES POLA TELEVISIÓN. ESTA É UNHA VERSIÓN FEITA POLO DEPARTAMENTE DO EDUCACIÓN DE NAVARRA E CHÁMASE "PIQUIPALABRA", ENTRADE E A XOGAAAAAAAAAAAR!



http://dpto.educacion.navarra.es/piki/juegos/pikipalabra/pikipalabra.swf
SEGURAMENTE EXPLICADO EN PANTALLA SERÁ MAIS FÁCIL QUE ENTENDADES O SIGNIFICADO DAS FRACCIÓNS. NO ENCERADO DA CLASE RESULTA ALGO MAIS ABURRIDO, VERDADE?






Con este xogo poderedes repasar e practicar máis coas fraccións. Espero que vos sirva de axuda para lograr comprendelas mellor.



http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=matematicas-04-fracciones&l=es

lunes, 16 de enero de 2012

Aqui temos un enlace a unha páxina con multitude de actividades e de recursos para traballar e aprender dun xeito mais divertido.

domingo, 15 de enero de 2012

Comezamos, con ilusión e con gañas de aprender, este novo blog que espero me e nos sirva de lugar de intercambio e de lugar de recursos para ensaiar novos aprendizaxes e novos modos de aprender.